Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 22 de xuño

10.45 h
No NH Collection Santiago, a alcaldesa en función, María Rozas, e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, presentan o TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco. Ao remate servirase un café para os e as asistentes.

11.00 h
No CEIP Quiroga Palacios, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do 50 aniversario do centro.

11.00 h
No IES Antón Fraguas, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste ao encontro de estudantes e familias xitanas, organizado pola Fundación Secretariado Xitano.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.45 h
No restaurante Mar de Esteiro, a alcaldesa en funcións, María Rozas, asiste á presentación da Festa das Carrilanas de Esteiro.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a alcaldesa en funcións, María Rozas, entrega os premios do concurso de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia.

19.30 h
Na Casa das Asociacións, asemblea de diagnose de Rural dos Orzamentos Participativos.

20.30 h
Na Igrexa da Universidade, "Espiritualidade con voz de muller", concerto do Vox Stellae dirixido por Luís Martínez, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: