Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 19 de xuño

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o "Ciclo de Cinema ao aire libre", actividade incluída nos Orzamentos Participativos 2018.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o programa final das Festas de San Xoán.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á Peña Ciclista Amigos de Santiago de Ávila.

13.30 h
Na Casa do Concello, a alcaldesa accidental, María Rozas, recibe o embaixador da República Dominicana, Olivo Rodríguez.

17.00 h
No Museo do Pobo Galego, Xornada de difusión pública dos traballos sobre a Planificación Estratéxica, Urbanística e de Xestión da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. Programa:
17:00 h Belén Hernández: Consorcio de Santiago, "25 anos de intervención na Cidade Histórica"
17:15 h Cristina Sánchez-Carretero: Incipit (CSIC), "Patrimonio e innovación"
18:00 h Erik Vittrup: Smart Social City, "Dimensión social das cidades históricas"
18:30 h Albert Cuchí: Univ. Politécnica de Catalunya, "Metabolismo urbano"
19:15 h Marta Lois: "Plan Estratéxico de Turismo"
19:30 h Juan Requejo: "Plan de Xestión para a Cidade Histórica"
20:00 h Antonino Antequera: "Plan Especial da Cidade Histórica"
20:30 h Debate
21:00 h Clausura a cargo de Jorge Duarte

Compartir: