Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 10 de xuño

10.30 h
Na Granxa do Xesto, a concelleira de Deporte, Noa Morales, dá a saída do I Trail Galaica de Santiago.

12.30 h
En Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á competición da Copa "Concello de Santiago" Cadete.

13.15 h
Diante da Igrexa do Castiñeiriño, concerto da Banda Municipal de Música con motivo das festas de San Antonio do Castiñeiriño.

14.00 h
No pavillón do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, enrtega os premios da Supercopa do Campión de Copa de fútbol sala.

14.00 h
No Multiúsos Fontes de Sar, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, entrega os premios do V Torneo Viravolta-Jael de ximnasia rítmica.

17.00 h
No Multiúsos Fontes de Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste ao V Torneo Viravolta-Jael de ximnasia rítmica.

17.30 h
Na carpa da SELIC, na praza da Quintana, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presenta os Premios SELIC.

20.00 e 21.30 h
No Teatro Principal, proxeccións da 13ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico.

Compartir: