Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar a Cabalgata de Reis.

12.00 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, para presentar o proxecto "Que fai un creador no meu barrio? Proxecto de artes comunitarias e prácticas colaborativas". Na rolda estará Mónica Maneiro, de DARDO e un representante da entidade Cenlitrosmetrocadrado.

Compartir: