Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 25 de abril

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o XXIV Certame de Teatro Intercentros. Na rolda estarán Sagrario Torrado e Daniel Baamonde, profesores que organizan o certame.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín e Rubén Cela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o programa da "Festa do Banquete. Conxo 2019".

17.30 h
Na Sede do Consorcio de Santiago (rúa do Vilar, 59), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o Consello de Administración do organismo interadministrativo. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa.

17.30 h
No Centro Xove da Almáciga, #POÑER O CORPO: "Elas tamén bailan’" obradoiro de danza urbana con perspectiva de xénero impartido polas compoñentes de Elahood. Trátase dunha actividade do Club C! en relación ao espectáculo "La soledad de Wally" que poderemos ver no Principal o venres 26.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "A Contratempo", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do programa de Abono, dirixidos por Eu Sun Kim.

20.30 h
No Teatro Principal, Fran Sieira presenta "Entre Soños", dentro da sección EscenaGZ da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate, #posfuncion co público.

Compartir: