Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 4 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, "Valentino Rufini e âkil pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)", dentro de Compostela Cultura Didáctica.

12.30 h
No Polígono do Tambre (rotonda da vía Nobel), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de posta en servizo da variante de Aradas.

16.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Saúde, Concha Fernández, e dalgúns membros do Consello municipal de Saúde para dar conta da declaración aprobada na última xuntanza do mesmo en apoio á mellora da Sanidade Pública.

Compartir: