Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de febreiro

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das voceiras dos grupos municipais de Compostela Aberta, Marta Lois, e do BNG, Goretti Sanmartín, e da concelleira do grupo municipal socialista, Mila Castro, para amosar o apoio dos devanditos grupos á folga feminista do 8M.

10.45 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitan as actuacións que se están a desenvolver no Polígono do Tambre e na antiga escola unitaria de Amio no marco dos obradoiros de emprego CREAs e HabiliTS.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alumnado do Instituto JOHAN - PHILIPP - REIS - SCHULE de Weinheim, Alemaña, de intercambio co IES Pontepedriña.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o "Ciclo de concertos de música tradicional".

19.45 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Jonathan Webb, previo ao concerto das 20.30 h no que dirixe á Real Filharmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "Sinfonismos", concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Jonathan Webb, interpretan obras de Saavedra, Sibelius e Williams.

20.30 h
No Teatro Principal, "Carpe Diem", de Producións Teatrais Excéntricas, que celebra con esta obra o 15 aniversario da compañía, dentro da programación de Compostela Cultura Artes Escénicas.

Compartir: