Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 17 de xullo

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén unha xuntanza coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Na sala de xuntas da consellería. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate.

11.00 h
Na praza do Obradoiro, entrega do donativo recadado pola venda do disco de Xosé Manuel Budiño na presentación da revista Coralia ao Refuxio de Animais de Bando. Asisten a concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa; a directora do Refuxio, Olalla García; e Xosé Manuel Budiño.

21.00 h
No Hotel Costa Vella, concerto de Ghost Beast dentro de "TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco", organizado por Desconcerto Cultural.

Compartir: