Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 25 de febreiro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, "Somos iguais, somos distintos", dentro do ciclo Didácticos Audiovisuais. Tras as proxeccións, no cinefórum infantil, estarán representantes de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

11.30 h
No escenario do Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da tenenta de alcalde María Rozas para presentar a estrea de "Carpe Diem", de Producións Teatrais Excéntricas que se celebra mércores no propio Teatro. Na rolda participan tamén o director do espectáculo, Quico Cadaval; o xerente de AGADIC, Jacobo Sutil; e o elenco da obra: María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a programación con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres.

Compartir: