Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 20 de febreiro

11.00 h
En Santa Marta (rúa de Syra Alonso), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitan o espazo acondicionado para hortas urbanas.

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do programa das Letras Galegas 2019.

12.00 h
No Centro Cívico do Ensanche, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "130 anos de UGT".

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Formas do Deseño. Galicia XXI".

Compartir: