Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 16 de febreiro

De 12.30 a 14.00 h
Con saída da Escola Infantil Santa Susana, #PASEA. Itinerario en familia polo modernismo compostelán, actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Pavillón Lino", que se pode ver no Teatro Principal esta tarde.

De 16.15 a 18.15 h
No ambigú do Teatro Principal, #OBRADOIRO MULTIPLICA. Modernismos!, actividade do Club C! relacionada co espectáculo "Pavillón Lino", que se pode ver no Teatro Principal esta tarde.

18.30 h
No Teatro Principal, Caramuxo Teatro presenta "Pavillón Lino", dentro do programa de Compostela Cultura Escénicas e En Familia.

Compartir: