Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de febreiro

10.45 h
Na Casa do Concello (Capela de Urbanismo), o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, preside o Consello de Dirección do Parque Compostela Rupestre. (Declaracións ao inicio).

11.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de posta en funcionamento do novo enlace da AP-9 co Gaiás.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

13.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Asemblea de Concellos pola Lingua.

20.30 h
No Teatro Principal, Marcos Teira presenta o seu último proxecto, "NÓs".

Compartir: