Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de setembro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da sesión.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Proposta da Alcaldía sobre determinación da cantidade global adicada a gratificacións por servizos extraordinarios de seguridade e orde pública.
NOTA: non haberá streaming.

10.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

10.30 h
O grupo municipal socialista visita Salgueiriños. Punto de encontro: parte traseira de Facenda.

11.00 h
Na Alameda, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, visita a exposición de vehículos eléctricos, dentro da Semana Europea da Mobilidade.

11.30 h
No Xardín das Pedras de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o espazo que acollerá de forma provisional os cadros do legado Maside para a súa exposición. Na visita tamén participarán os herdeiros do artista e os representantes das institucións que colaboraron na adquisición do legado.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a XVII Camiñada ao Pedroso, andaina solidaria a prol de Unicef.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 2014, May-Britt Moser. SÓ GRÁFICOS.

13.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a Pedro Nimo, medalla de prata no campionato de Europa de Atletismo coa Selección Española.

19.00 h
Na Praza das Praterías, "Aniversdances", concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

19.45 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Conversando con… Carlos Villanueva, profesor de Musicoloxía da USC, e José María Miranda, secretario da Asociación de Amigos da Ópera de Compostela, previo ao concerto da Real Filahrmonía de Galicia.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, "O holandés errante", ópera en versión concerto da Real Filharmonía de Galicia co que se inaugura o Programa de Abono. A orquestra, dirixida por Paul Daniel, estará acompañada polo Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, que dirixe Joan Company; Alexandre Krasnov, baixo–barítono; Richard Wiegold, baixo; Maribel Ortega, soprano; Eduard Martynyuk e Moisés Marín, tenores; e María Luísa Corbacho, contralto.

Compartir: