Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, e do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre as obras no campo de Santa Isabel.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o Campionato de España de Escalada Deportiva en Idade Escolar. Na rolda estarán José Antonio Villar, vicepresidente da área de escalada da Federación Galega de Montañismo (FGM), e José Miguel García, responsable de deporte escolar da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

20.00 h
No restaurante Airas Nunes, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste á entrega de premios do I Concurso de Microrrelatos co gallo do 35 aniversario de Tórculo.

Compartir: