Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 31 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades a favor da igualdade entre homes e mulleres e das persoas do colectivo LGTBOI e de prevención e loita contra a violencia machista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o VII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Na rolda estará Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de Atletismo en Compostela.

22.30 h
Na Casa do Concello, recepción á cidadanía con motivo dos Fogos Fin de Festa do Apóstolo 2018.

Compartir: