Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 27 de xullo

11.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, saúda os rapaces e rapazas do campamento Félix Rodríguez de la Fuente.

11.30 h
No CIAC (Belvís), obradoiro de elaboración de xoguetes con material de refugallo.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o segundo dos concertos da nova temporada do Multiúsos Fontes de Sar. Na rolda tamén participarán representantes da promotora Sweet Nocturna.

A continuación
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.

13.00 h
Día de Padrón en Santiago
13.00 h Encontro das corporacións diante dos soportais de Raxoi.
13.10 h Intervención dos alcaldes de Padrón e Santiago no Salón Nobre.
13.20 h Saída aos balcóns para presenciar as actuacións das bandas de música.

Compartir: