Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar Feira na Eira, a programación infantil dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén participará a contacontos Vero Rilo.

12.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto convocado pola Plataforma de Vítimas do Alvia 04155.

13.00 h
Na Cidade da Cultura (no Museo Centro Gaiás), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2018.

18.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago (SÓ GRÁFICOS. ENVIARASE NOTA).

21.30 h
No Reitorado, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto con motivo das Festas do Apóstolo. ATENCIÓN: OS GRÁFICOS QUE QUEIRAN CUBRIR ESTA PREVISIÓN DEBERÁN ESTAR ÁS 21.15 H NO XARDÍN DE FONSECA (entrada pola Travesa de Fonseca. Acceso desde San Clemente ou Rodrigo de Padrón)

23.30 h
Na praza do Obradoiro, espectáculo dos Fogos do Apóstolo 2017.

Compartir: