Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, para presentar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo. Na rolda tamén participarán Sheila Menéndez, responsable do proxecto, e Javier García, director artístico.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.40 h
Na praza do Toural, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, visita o Punto lila: información e atención sobre violencias sexuais colocado co gallo das Festas do Apóstolo.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás nenas e nenos participantes no programa "Vacacións en Paz".

18.30 h
No CIAC (Belvís), charla-coloquio: "Na procura de alternativas: vivir sen plásticos" e Obradoiro "Elabora a túa bolsa de tea".

Compartir: