Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 18 de xullo

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
No Auditorio de Galicia (Sala Ángel Brage), ROLDA DE PRENSA de presentación do concerto da Real Filharmonía de Galicia co grupo de jazz Sumrrá na Praza da Quintana. Asisten: Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural; Paul Daniel, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia; Sumrrá: Xacobe Martínez Antelo, contrabaixista; Manuel Gutiérrez, pianista; e Lar Legido, batería; e Sabela García, directora técnica da RFG.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a pregroeira do Apóstolo 2018, Nerea Barros.

12.00 h
No Pazo de Raxoi, o artista Fermín Jiménez Landa dirixe o remake da obra "Expiration Movement", dentro do taller do CGAC "Facer dúas veces". O artista atenderá os medios ás 12.30 h na Praza do Obradoiro, acompañado pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.

12.00 h
Na Facultade de Económicas, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á presentación do proxecto "Aprendizaxe e servizo".

21.00 h
No Hotel Costa Vella, concerto de Exnovios, dentro do Ciclo de concertos ao fresco, TerraZeando, que organiza a Asociación Desconcierto Cultural.

22.30 h
Na Casa do Concello, pregón do inicio das Festas do Apóstolo 2018 a cargo da actriz Nerea Barros.

Compartir: