Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de maio

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar unha nova edición de Fotolingua.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar o primeiro Congreso Internacional de Altas Capacidades que se celebra en España. Na rolda estará acompañada da vicepresidenta da Asociación de Altas Capacidades de Galicia, Marisa Dequidt, e da directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago, Carmen Pomar.

12.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación a Gala do Libro Galego 2018.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural de Compostela, Branca Novoneyra, para presentar A Festa no Teatro Principal, a programación infantil e familiar das festas da Ascensión. Acompáñana Cristina Fiaño, de Urdime, e os compoñentes do grupo Trotaventos, que estrean traballo dentro deste programa.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste ao acto de clausura do Proxecto Mentoring USC.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Turismo e Fotografía. Català-Roca en Galicia 1956-1976" acompañado do concelleiro de Cultura da Coruña, José Manuel Sande; a concelleira de Acción Cultural de Compostela, Branca Novoneyra; Andreu Català-Roca, fillo do fotógrafo; Nuria Gil Pujol, responsable do Arxiu Fotogràfic Català-Roca depositado no COAC, Col•legi d'Arquitectes de Catalunya; Anxo Rabuñal, comisario da mostra; e Agar Ledo, colaboradora da mesma.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2018

12.00 h
Disparo de bombas anunciando o comezo das festas

12.30 h
Comparsa de Cabezudos

21.30 h
LOS40 STAGE
Cos directos de DELAPORTE e IVÁN FERREIRO
Presentado por Arturo Paniagua,
sesión de LOS40 con Oscar MartÍnez
Praza da Quintana
Entrada libre ata completar o aforo

23.00 h
ORQUESTRA AMÉRICA
Paseo Central da Alameda

23.00 h
COMPOSTELA É! MÚSICA
CHUPADESKAY (pop, índie)
Praza do Toural

Compartir: