Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de maio

10.30 h
No Teatro Principal, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, asiste á primeira sesión da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente da Cámara de Comercio, José Sierra.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o concerto Los40 Stage, que se celebrará o mércores 9 no marco das Festas da Ascensión. Tamén participarán o director rexional da Cadena Ser en Galicia, Mario Moreno, e o coordinador rexional da emisora, Gaby Davila.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao peche do Correlingua.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no encontro do Día Mundial da Cruz Roja e da Media Luna Roja 2018.

20.00 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presenta o libro "Fray Manuel de los Mártires, maestro de obras de San Domingos de Bonaval". Tamén estarán Paula Pita Galán, autora da publicación; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Roberto López, vicerreitor de Oferta Docente da USC.

Compartir: