Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 19 de maio

11.30 h
No parque de Belvís, Obradoiro de recoñecemento das árbores organizado polo CIAC. Está dirixido a público infantil (a partir de 6 anos), acompañados por adulto. Actividade de balde, pero con inscrición previa.

11.30 h
En NUMAX (Concepción Arenal, 9), Encontro con Andrés Goteira, "Despois de Dhogs: reflexións para un segundo filme", dentro do ciclo A Cor das Palabras.

12.00 h
Na praza do Toural, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á XXV Xornada de solidariedade coas persoas paradas, organizada por Cáritas Interparroquial.

12.45 h
No Pazo de Raxoi, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe os participantes no Press Trip organizado pola asociación UP2U para dar a coñecer o proxecto polo que menores canarios condenados por diferentes delitos realizarán o Camiño de Santiago o próximo mes de xuño. No acto participará Reyes Martel, maxistrada do Xulgado de Menores número 1 de Las Palmas.

17.00 h
No Centro Sociocultural de Grixoa, obradoiro para mellorar o benestar individual e colectivo das mulleres, dentro do programa de actos con motivo do Día Internacional das Mulleres.

17.00 h
No Paseo da Ferradura, XLII Torneo da chave Festas da ascensión. Entrega de premios, ás 20.30 h.

18.30 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asisten á Gala do Libro 2018.

20.30 e 22.30 h
No Auditorio de Galicia, "Somos Criminais", con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán.

Compartir: