Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, as concelleiras de todos os grupos municipais da Corporación darán lectura a unha declaración institucional sobre a sentenza ditada no denominado "Caso da Manada".

12.30 h
No xardín botánico de Fonseca (situado na parte traseira do Reitorado), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o reitor da USC, Juan Viaño, presiden o acto de inauguración do "Xardín das pedras que falan", no que se descubrirán tres pedras cos versos de Rosalía de Castro, Seamus Heaney e Luz Pozo Garza, por parte do presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; da viúva do escritor, Marie Heaney; e da propia Luz Pozo Garza.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes no V Interational Congress on Environment and Health in the Age of Sustainable Development.

17.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ás persoas participantes na gala dos Premios Galicia Segura 2018, da Fundación INADE.

Compartir: