Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 9 de outubro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a programación do Centro Xove da Almáciga para os meses de outubro a decembro.

12.00 h
No Hotel Araguaney (Montero Ríos, 25-27), a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da Semana de Cine Euroárabe Amal 2018. Participan tamén Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney; Sergi Cámara, fotógrafo; e Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura.

19.30 h
Na Casa das Mulleres Xohana Torres, charla-debate: Mulleres e mobilidade, no marco das actividades organizadas con motivo da Semana Europea da Mobilidade.

20.00 h
En Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición "Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela. Con Galiza sempre no horizonte".

Compartir: