Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de outubro

10.50 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación en primicia da nova canción de Novedades Carminha "A Santiago voy" a bordo dun tren turístico e cun paseo pola zona vella de Santiago de Compostela. . Asisten tamén Novedades Carminha, Lois Patiño -cineasta-, Esteban & Manuel, Pela del Álamo -director de Curtocircuíto- e convidados e convidadas do festival. IMPORTANTE: no caso de querer asistir, comunicádeo previamente ao mail comunicacion@curtocircuito.org

13.00 h
No Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, asiste ao acto de celebración do 25 aniversario de Culturmar.

14.00 h
Na praza do Obradoiro, o concelleiro Rafael Peña clausura a Marcha ciclista de Special Olympics.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Municipal de Música co que se inaugura o Ciclo de Outono e se celebra o seu 170 aniversario. Será unha 'Gala Lírica & Antoloxía de Zarzuela’, en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e coa participación de varios solistas e o Orfeón de Vila Praia de Áncora.

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org

Compartir: