Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 31 de outubro

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o estudo sobre as violencias machistas na adolescencia temperá. Na rolda tamén participará Tania Morelas, doutora en Ciencias da Educación e especialista en Xénero e Políticas de Igualdade

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade,Jorge Duarte, e do codirector do Plan de Xestión da Cidade Histórica, Juan Requejo, para presentar o avance da modificación do Plan Especial e do Plan de Xestión.

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación PuntoGal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a 32ª edición de Cineuropa, que se celebra na cidade do 7 ao 28 de novembro. Na rolda participan tamén a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, e o director do festival, José Luis Losa.

13.30 h
No Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, clausura o acto de presentación da campaña "Valores que constrúen soños".

20.00 h
No estadio de San Lázaro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao III Memorial Antonio Bermúdez, que enfrontará á S.D. Compostela co Pontevedra C.F.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Gala dos premios da Música e da Poesía galego-portuguesa arimar. Con A banda da Loba, Salvador Sobral, Alexandre Brea, Lois Péerez e Convergências Portugal Galiza, presentada por Carlos Meixide e Iria Pinheiro.

XVII Festival de Teatro Afeccionado 2018-Agustín Magán
20.30 h No Teatro Principal, Ditirambo Teatro presenta "Anónima 18"

Compartir: