Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 29 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a terceira proba do circuíto de carreiras saudables CorreSan: ruta dos Parques. Na rolda tamén estará o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

11.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar unhas novas visitas turísticas pola Compostela de Rosalía de Castro. Estará acompañada pola guía turística Inés Castro, caracterizada da escritora.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego. Na rolda tamén estará Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, e Pati Blanco, xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés-Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o III Memorial Antonio Bermúdez.

Compartir: