Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de outubro

11.00 h
Na avenida de Xoán XXIII (dársena), a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á inauguración da exposición fotográfica "40 anos de España na Democracia", organizada polas Cortes Xerais en colaboración coa Axencia EFE.

12.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe póstuma ao director da institución Carlos García Martínez.

19.30 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Deporte, Noa Morales, clausura o XII Circuíto Galego de Xadrez.

20.30 h
No Teatro Principal, a Compañía Teatral de Xordos El Grito presenta "Signos encadenados" con dirección e adaptación de José Luis Fernández Sánchez.

Compartir: