Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 22 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar o V Seminario Internacional RESCLIMA e 2º Encontro REAJA. Na rolda tamén participarán o presidente do Comité Organizador, Pablo Meira Cartea; a secretaria, Lucía Iglesias da Cunha; e o vogal Kylyan Marc Bisquert i Pérez.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h
No Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (rúa de San Roque, 2), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de celebración do 75 aniversario do centro.

20.00 h
No Teatro Principal, inauguración da Semana de Cine Euroárabe AMAL, coa proxección de ‘Nacido en Gaza’ de Hernán Zin.

Compartir: