Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 2 de outubro

9.30 h
No Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á inauguración das X Xornadas de formación e II Xornadas Internacionais "Educación, Xénero e Igualdade".

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar o III Foro de Economía Social do Concello de Santiago.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o estudo diagnóstico sobre os usos do tempo en Compostela. Na rolda estarán Rosa Torrado e María Vidal, de Retnova.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar unha nova fase dentro do programa Colecamiños. Na rolda tamén estará a oficial da Policía Local, Diana Parente.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Facultade de Xeografía, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste ao seminario sobre gobernanza urbana en Santiago.

13.00 h
En San Martiño Pinario (Salón San Felipe Neri), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega do premio internacional Trifinium Xacobeo, que concede a Federación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org.

Compartir: