Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar as visitas guiadas ao cemiterio de Boisaca e a guía didáctica "O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario". Na rolda estará a coordinadora da guía, Carmen María Sánchez Arines.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos sindicatos municipais e do Comité de Empresa.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os embaixadores da Unión Europea, de visita oficial en Galicia.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, das actas correspondentes:
Sesión ordinaria do día 20 de setembro de 2018, núm. 13.
Sesión extraordinaria e urxente do día 27 de setembro de 2018, núm. 14.
Sesión extraordinaria e urxente do día 8 de outubro de 2018, núm. 15.
2.- Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3.- Aprobación provisional da modificación puntual do catálogo do PXOM: corrección de erros na ficha D-061 (Casa en Lavacolla). Creación das fichas D-061 (a), D-061(b-c) e D-061 (d).
4.- Aprobación definitiva da modificación puntual do PE-1 para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial.
5.- Aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle da parcela N4a01c do quinteiro N do parque empresarial da Sionlla.
6.- Proposta da concelleira delegada de réxime interior sobre determinación de festivos locais para o ano 2019.
7.- Proposta da alcaldía de nomeamento da comisión para a redacción da memoria sobre a determinación da forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga, saneamento e depuración de augas residuais.
8.- Proposta da alcaldía para solicitar ao Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación a creación da Casa da Lusofonía con sede en Santiago de Compostela.
9.- Aprobación de expediente de suplemento de crédito núm. 2018-SUPLE-05 do orzamento de 2018, por importe de 537.675,82 euros.
10.- Proposta da concelleira delegada de economía e facenda de modificación da base número 18 da execución do orzamento municipal para o ano 2018.
11.- Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a mellora integral do aparcamento e dársena da Avda. Xoán XXIII.
12.- Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á candidatura de Santiago de Compostela como "cidade creativa do cinema" da Unesco.
13.- Dar conta da liquidación do orzamento correspondente ao exercicio do ano 2017.
14.- Dar conta de nomeamento de Secretario Xeral do Pleno.
15.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva do Regulamento de títulos, honras e condecoracións.
16.- Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
17.- Rogos, preguntas e interpelacións.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, "José Arriola: a revelación", dirixido por Maximino Zumalave e acompañados do barítono Javier Franco. (NOTA: Ás 19.45 h, Conversando con Joam Trillo, compositor, previo ao concerto)

XXIII Festival Internacional Galicreques 2018
Toda a programación en galicreques.com

Compartir: