Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 16 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal de Compostela Aberta, Jorge Duarte, para presentar unha moción.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e do presidente do Santiago Futsal, Ramón García, para presentar as accións de concienciación e reciclaxe que levarán a cabo ambas entidades na temporada 2018-2019.

11.45 h
Na Praza de Abastos, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; e do presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, para presentar o programa das Feiras e Festas de As San Lucas 2018.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois e do concelleiro de Mantemento e Obras para o reequilibrio territorial, Rafael Peña, para presentar os obradoiros de empoderamento para as mulleres do rural. Na rolda estará a coordinadora dos mesmos, Cruz Dafonte.

Compartir: