Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 10 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a seguinte proba do circuíto de carreiras saudables CorreSan: ruta da Prata-Angrois. Na rolda tamén estará o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a actividade de Orzamentos Participativos "Corta coas desigualdades".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o XXIX Congreso de Comunicación e Saúde da semFYC (Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria).

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Christian Vásquez, dentro do Programa de Abono. Interpretan un programa de Chaikovski, Rimski-Korsakov, Márquez, Moncayo e Abreu.

Compartir: