Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 1 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar a convocatoria dos XI Premios Educacompostela. Na rolda tamén participará un representante de Nova Escola Galega.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e do director da Banda Municipal de Música, Casiano Mouriño, para presentar o concerto inaugural do Ciclo de Outono da BMSC. Trátase dunha Gala Lírica & Antoloxía de Zarzuela que se fai en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. Na rolda participa tamén Jesús Couceiro, presidente da Asociación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, para presentar unha nova edición da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia.

CURTOCIRCUÍTO, 15º Festival Internacional de Cine
Toda a información en curtocircuito.org.

Compartir: