Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 9 de marzo

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE.
Aprobación do expediente de modificación de crédito mediante crédito extraordinario número 2023-CREXT-01 por importe 20.000,00 euros e de aprobación de subvencións nominativas do exercicio 2023.
2. PLANEAMENTO.
Declaración de especial interese e utilidade municipal do Proxecto de Centro de Protonterapia de Galicia en Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar o programa da Semana Santa 2023. Tamén estará o bispo auxiliar, Francisco José Prieto, e o presidente da Xunta de Confrarías, Luis Seoane.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar o Campionato Galego Máster de Fondo «XIV Memorial Gerardo Steudel». Na rolda tamén estará o presidente do CDN Ciudad de Santiago, José Rioseco; e o secretario xeral da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera.

Compartir: