Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 6 de marzo

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Ala Sur do Museo do Pobo Galego, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da 18 edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Tamén participan a directora da MICE, Ana Estévez; a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; e Jacobo Sutil, director de AGADIC.

17.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a Natalia Martínez-Páramo, xefa da Unidade de Inversión da Axencia Executiva para o Consello Europeo de Innovación e as Pemes (EISMEA) e Daniel Ugarte, asesor de proxectos da Axencia.

18.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), acto de Homenaxe a Mulleres de Compostela, con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller.
Foto de familia ás 17.45 h.

Compartir: