Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 30 de marzo

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. ASISTENCIA AO PLENO. Referencia: 2023/00015612E.
Aprobación, se procede, das actas correspondentes á sesión ordinaria do 28 de febreiro e extraordinarias do 9 e 16 de marzo, de 2023.
2. ACCIÓN SOCIAL. Referencia: 2023/00014532T.
Creación do Consello do Medio Rural e aprobación do seu regulamento de funcionamento.
3. PLANEAMENTO. Referencia: 2023/00013142J.
Aprobación definitiva do Estudo de detalle para a dotación de accesibilidade aos inmobles de vivenda colectiva emprazados na rúa do Penedo, número 56 a 68 (Corredoira da Campsa).
4. PLANEAMENTO. Referencia: 2022/00022200J.
Solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica da modificación puntual do PXOM para a fixación de aliñacións no núcleo de Codesedas.
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-03.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 2023-REC-03 por importe de 389.932,74 € para aprobar unha serie de facturas en situación de OPA a 31.12.2022.
6. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2023-REC-04.
Aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 2023-REC-04 por importe de 124.641,01 € para aprobar unha serie de facturas en situación de OPA a 31.12.2022.
7. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para corrixir os problemas de accesibilidade e inundacións recuperando o trazado orixinal na segunda fase da reurbanización do Castrón Douro e Sar.
8. Proposición presentada polo concelleiro non adscrito para a implicación e implantación de políticas a prol da economía social coa reserva legal de contratos cos centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción.
9. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para modificar a bonificación por aproveitamento da enerxía solar nos impostos sobre os bens inmobles (IBI) e sobre construcións, instalacións e obras (ICIO).
10. Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a supresión da cita previa de carácter obrigatorio na atención á cidadanía.
11. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a execución da reforma pendente en Castrón Douro, que inclúa o rebaixe da calzada e mellore a accesibilidade ás vivendas.
12. Dar conta do informe anual de queixas e suxestións correspondente ao 2022.
13. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
14. Comparecencia a petición propia da concelleira de políticas sociais, saúde, medio ambiente e parques e xardíns.
15. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1. Formulada por CA sobre o proxecto de centro de inclusión social.
Rogos:
1. Formulado polo BNG para o arranxo e mantemento de pontes en Busto e en Marrozos.
2. Formulado polo BNG para realizar unha campaña de sensibilización de seguranza viaria nos horarios de entrada e saída dos centros de ensino.
3. Formulado polo BNG para realizar unha distribución equitativa dos postos de artesanía.
4. Formulado por CA sobre a reparación dun muro na contorna da ermida de Sta. Lucía.
5. Formulado polo PP para o control do peche nocturno nos parques públicos e o cumprimento da ordenanza de convivencia neses espazos.
6. Formulado polo PP para a instalación dunha varanda de protección nas escaleiras laterais de acceso a San Domingos de Bonaval.
7. Formulado polo PP para a ampliación do servizo de teleasistencia mediante convenio coa Cruz Vermella.
8. Formulado polo concelleiro non adscrito para realizar e mellorar as labores de poda na zona de Pontepedriña.
9. Formulado por CA sobre colocación canastras en distintos puntos da cidade.
Preguntas resposta oral:
1. Formulada por CA sobre a falta de mantemento do ascensor de Triacastela.
2. Formulada polo BNG sobre os prazos das convocatorias de axudas para comedores, material escolar e actividades extraescolares.
3. Formulada polo BNG sobre subvencións para asociacións culturais.
4. Formulada polo BNG sobre a viabilidade de negocios como o establecemento Espazo Abella, que non poden conectarse á rede de saneamento.
5. Formulada polo PP sobre as conclusións do informe sobre o envío á Fiscalía do expediente da empresa Desproi.
6. Formulada polo PP sobre a licitación do contrato de autobuses.
7. Formulada polo PP sobre o inicio das obras para unha senda peonil na rúa das Estrelas e a súa iluminación.
8. Formulada por CA sobre a necesidade de habilitar unha zona verde de estacionamento para a veciñanza das rúas dos pintores Lino Villafínez e Modesto Brocos.
9. Formulada polo concelleiro non adscrito sobre o remate das obras da beirarrúa de Amor Ruibal.
Preguntas resposta escrita:
1. Formulada polo PP sobre a instalación en solo rústico de vertedoiros ou plantas de residuos.
2. Formulada por CA sobre as advertencias de interrupción do servizo de abastecemento e saneamento de auga en Figueiras.
3. Formulada por CA sobre o incidente e deterioro dunha columna na Praza do Toural.
4. Formulada por CA sobre a execución do proxecto SMARTIAGO.
5. Formulada polo PP sobre as axudas a empresas de economía social.
6. Formulada polo BNG sobre o proxecto de mellora da mobilidade na rúa do Corgo.
7. Formulada polo BNG sobre o Plan integral de Saúde para a cidade para cumprir co compromiso adquirido coa Rede Española de Cidades Saudables.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada por CA para que se inclúa na programación das festas de Santiago música e cultura ao vivo de artistas e empresas locais.
2. Presentada por CA sobre a memoria histórica e democrática en Santiago.
3. Presentada polo BNG para dotar de servizos de comedor e de madrugadores ás escolas unitarias.
4. Presentada polo BNG para rexeitar o proxecto que pretende privatizar a torre de control do aeroporto de Santiago.
5. Presentada polo PP para a posta a disposición do informe sobre o cumprimento do contrato do lixo e para a valoración das repercusións da inobservancia das obrigas establecidas no prego de licitación.
6. Presentada polo PP para a urxente execución de melloras no viario municipal e a adopción dun sistema de xestión de firmes para a súa mellor conservación e mantemento futuros.
7. Presentadada polo PP para o acondicionamento das áreas recreativas de Chaián e o Refuxio, na ribeira do Tambre.
8. Presentada polo BNG para a mellora dos servizos básicos, dos accesos e a seguranza viaria no lugar do Viso.
9. Presentada por CA para que o proxecto do matadoiro Compostela manteña o seu carácter participativo e aberto aos colectivos sociais e culturais de Santiago.
10. Presentada por CA para a dinamización do mercado de abastos mediante a oferta de postos baleiros para iniciativas da economía social e persoas emprendedoras en situación de desemprego.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, PARÍS-ROMA, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Diego Martín-Etxebarria. Dentro da Temporada de Abono do Auditorio de Galicia.
Antes, ás 19.45 h, Conversando con… Diego Martín-Etxebarria.

Compartir: