Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 17 de marzo

11.15 h
No Xardín das Pedras que Falan (Xardín de Fonseca), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de colocación das pedras homenaxe ás poetas Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung Hee. Tamén asisten o reitor da USC, Antonio López; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o escritor Suso de Toro, promotor da iniciativa; e as autoras Olga Novo e Laura Pugno.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, Teatro do Noroeste presenta ‘Último verán en Santa Cristina'. Dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura. Ao remate, haberá #posfunción co equipo do espectáculo.

Compartir: