Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de marzo

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Ratificación da inclusión na orde do día e aprobación, se procede, do recoñecemento extraxudicial de crédito 2023-REC-02, de importe de 1.867.512,40 euros.
OLLO: NON SE RETRANSMITE POR STREAMING. Acceso libre ao Salón de Plenos.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para presentar o Congreso Nacional Interim Management. Estará acompañado por Pío Iglesias Carrera, presidente da Asociación Española de Interim Management, e Tomás Valín, da empresa Bolanda.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o Festival Alguén que respira! Na rolda tamén estará o organizador, Antón Lopo, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Esther Pedrosa, para presentar o XV Trofeo Cidade de Santiago de Judo. Na rolda tamén estará David Fernández Neira, delegado en Santiago da Federación Galega de Judo, e Xaquín Baldomir, do Judo Club Base.
A continuación (11.45 h), ROLDA DE PRENSA de presentación do XXII Duatlón escolar Cidade de Santiago. Tamén asistirán Javier Campos Peña, presidente da Federación Galega de Triatlón, e Paloma Herbello Hermelo, presidenta do Club Triatlón Santiago.

11.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto oficial con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras.

18.00 h
No auditorio do CSC de Santa Marta, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao I Foro da Mobilidade.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, NOVIDADES, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixido por Jaume Santonja e coa pianista, Alexandra Dariescu. Dentro da Temporada de Abono do Auditorio de Galicia e o Ciclo de Piano Ángel Brage.
Antes, ás 19.45 h, Conversando con… Jaume Santonja.

Compartir: