Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 16 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Obras, Javier Fernández, sobre asuntos da súa concellería.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o estudo 'Consolidación da produción audiovisual independente galega como marca de éxito internacional', realizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes, AGAPI. Na rolda estarán tamén o presidente da asociación, Felipe Lage, e a xerente, Uxía Caride.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe os profesores Laura Oso, Lourenzo Fernández Prieto e Xavier Simón, da Dirección do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais -CISPAC.

18.00 h
Na Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes), Intervención Poética de Peter Brea de Poetry Slam Compostela e Constance Hurlé no marco da residencia literaria da escritora.

20.00 h
Na praza das Praterías, ’Novos vieiros’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixida por David Fiuza.

Compartir: