Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 1 de decembro

9.00 h
No hotel A Quinta da Auga, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xornada ‘O sector industrial en Santiago e a súa comarca: proxección de futuro’, organizada pola Cámara de Comercio e Abanca.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Javier Fernández sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Sindo Guinarte, e da concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, para presentar o programa de Nadal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, para presentar a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre do 2023. Participa tamén na rolda de prensa Jacobo Sutil, director de AGADIC.

17.00 h
No parque Eugenio Granell (na zona dos elementos biosaudables), reparto de plantas dentro da iniciativa Leva unha planta! do departamento de Parques e Xardíns da Concellería de Medio Ambiente.

21.00 h
No Seminario, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Cea solidaria de Cáritas.

Compartir: