Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de setembro

10.00 h
No salón de actos do CERSIA, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos directores e directoras dos CEIP do concello.

10.00 h
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste, vía telémática, á reunión da Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS)

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
No Hotel NH Collection, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación de "Maré 2020. Música e artes atlánticas".

12.00 h
No CERSIA, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa xunto coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na visita ás obras de mellora e integración paisaxística do Camiño de Santiago no contorno do Monte do Gozo.
Punto de encontro: nas inmediacións da Capela de San Marcos. Haberá declaracións aos medios.

18.30 h
Co motivo da Semana Europea da Mobilidade e no marco do programa de sensibilización Compostela + Solidaria, impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD xunto ao Concello de Santiago, terá lugar un roteiro para poñer a exame a sostibilidade de diversos medios de transporte, no que participa o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, xunto con representantes das ONGD galegas, da cooperativa Nosa Enerxía e da Asociación Composcleta.
Desenvolvemento do acto:
18.30 h – Na praza da Música (Auditorio de Galicia). Chegada das persoas participantes e dos medios de comunicación. Foto de familia e declaración:
- Gonzalo Muíños, concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas do Concello de Santiago (bus urbano)
- Carlos Noya, socio de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega (coche eléctrico compartido)
- Manuel Salgado, da Asociación Cívica Composcleta (Bicicleta)
- Alejandro Quiñoá, presidente da Coordinadora Galega de ONGD (a pé)
- Pablo Álvarez, vicepresidente Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega (Patinete eléctrico)
19.15 h – Chegada das persoas participantes á Praza Roxa onde estará desenvolvéndose a Feira de Alternativas contra a Emerxencia Climática

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Manuel Gómez Ruiz e o Trío Arbós no marco da XXI edición do Ciclo de Lied.

Compartir: