Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 10 de novembro

11.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na xuntanza telemática da Comisión executiva do Eixo Atlántico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, e de Alfredo Saborido, coordinador de Alcer Coruña (Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril), para presentar o programa de sensibilización en materia de doazón de órganos "Alcer 7 vidas".
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na ROLDA DE PRENSA telemática de presentación de Maker Faire Galicia. Na rolda tamén participarán Marcos Saavedra, en representación da Maker Faire; Santiago Sesto, director da Asociación para el Progreso de la Dirección (APD); Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora-xerente da Cidade da Cultura; e José Luis Mira Lema, secreatrio xeral de Educación e Formación Profesional. A rolda poderá seguirse no enlace:
https://zoom.us/webinar/register/WN_W9GTgbI6QSmRGsO_8eX99Q

12.00 h
Na Sala circular do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA de presentación da Gala do libro galego 2020. Asistentes:
- Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural
- Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística
- Henrique Alvarellos, vicepresidente da Asociación Galega de Editoras (AGE)
- Xosé Antón Pedreira Mirás, vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia
- Cesáreo Sánchez, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

34ª edición de Cineuropa
En varios espazos da cidade. Programación completa en cineuropa.gal

Compartir: