Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 3 de outubro

10.15 h
No Salón Vermello do Pazo de Raxoi (praza do Obradoiro s/n), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, ofrecerán declaracións aos medios tras manter unha xuntanza de traballo.

12.30 h
No Centro de Convencións do Eurostars Gran Hotel da Illa da Toxa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á clausura da IIª edición do Foro A Toxa- Vínculo Atlántico.

17.30 h
Na praza do Obradoiro, lectura dun manifesto pola diversidade, actividade incluída no VI Camiño da Diversidade da Fundación INGADA. Asiste a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.

18.00 h
Na Carballeira do Banquete de Conxo (en caso de chuvia no Centro Sociocultural de Conxo), espectáculo de títeres "A madriña de Rosalía", da man de Larraitz Urruzola.

21.00 h
Na Sala Capitol, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da 17ª Edición de Curtocircuíto – Festival internacional de Cine.

Curtocircuíto
17:30 h
Proxección de ‘Los conductos’ no Teatro Principal
20:15 h
Foco Dennis Hopper no Teatro Principal

Compartir: