Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 21 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta María Rozas sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal

11.30 h
No Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, asiste ao acto de entrega da XI edición dos Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero, convocados pola USC.

12.30 h
Na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo asiste á presentación do portal de comercio electrónico e da plataforma de fidelización da Asociación Comercio Punto Compostela

20.30 h
O Teatro Principal, acolle o espectáculo "Arte-Homo-Natura' a cargo da Cía Experimentadanza. Entrada de balde previa retirada de convite.

Compartir: