Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores, 14 de outubro

11:00 h.
Na Casa do concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira en funcións de Acción Cultural, Marta Abal, para presentar o concerto da Banda Municipal de Música do día 16, no que tamén actuará o trompetista Esteban Batallán, que asistirá á presentación, xunto ao director da banda, Casiano Mouriño.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina os convenios de colaboración coas seguintes entidades sociais: Médicos del Mundo e Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento. Asiste a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar o Programa de empresas de economía social.

NOTA: as roldas retransmitiranse por streaming a través da páxina web municipal.

Compartir: