Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 7 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o Festival WOMEX 2016. Na rolda tamén estarán a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o director de AGADIC, Jacobo Sutil.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a iniciativa "Compostela + solidaria". Na rolda tamén estará Lorena Seijo, responsable da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co secretario do SUP en Galicia, Roberto González; co vicesecretario, Abel Lobato; e co secretario en Santiago, Alberto Martínez.

17.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente saínte de Médicos sin Fronteras, José Antonio Bastos; o presidente entrante, David Noguera; e a delegada en Galicia, Asturias e León, María Díaz Martínez.

19.30 h
No Centro Sociocultural do Castiñeiriño, asemblea aberta dos Orzamentos Participativos para a veciñanza da Área Sueste (Sar, Pontepedriña, Restollal, Paxonal, O Castiñeiriño e Lamas de Abade). Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.

WOS FESTIVAL
En varios espazos e ao longo de todo o día, diferntes actividades. Toda a información en wosfestival.es

VERÁN EN VERDE
PERCORRER
19.30 h Con saída desde a praza de Mazarelos, Ruta Literaria. Necesaria inscrición previa en roteiros@maos.gal ata as 14.00 h do mesmo día.

Compartir: