Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 6 de setembro

11.00 h
Na sede de Televés (rúa Benéfica de Conxo), a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao I Encontro Tecnoloxía para as Persoas, organizado por Cruz Vermella.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar Maker Faire Galicia. Estará acompañada por dúas persoas organizadoras do evento, Matilde Rodríguez e Enrique Saavedra.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar o borrador do novo deseño do transporte público.

19.30 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, asemblea aberta dos Orzamentos Participativos para a veciñanza da Área Rural. Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, presenta á veciñanza o borrador do novo deseño do transporte público.

Compartir: