Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 5 de setembro

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, visitan as tres Escolas Infantís Municipais (Conxo, Fontiñas, Meixonfrío-Salgueiriños). Ás 11.00 h, encontro cos medios de comunicación na EIM de Meixonfrío-Salgueiriños.

11.30 h
No Salón Nobre, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibe o profesorado de ELE de universidades de Estados Unidos e Canadá que participa no programa de promoción inversa dos Cursos Internacionais da USC.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os xogadores, técnicos e directivos da selección absoluta de Fútbol Sala de Uzbekistán.

12.30 h
En Matadoiro Compostela, a directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, asiste á ROLDA DE PRENSA na que se presenta 'herDanza. Festival de Danza Contemporánea en Espazos Herdados’.

Compartir: