Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 28 de setembro

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os alumnos e alumnas do colexio alemán Carl Benz Gymnasium, de Ladenburg, que están de intercambio no Colexio M. Peleteiro. SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar o Proxecto Surigam (Cultura Urbana + Discapacidade). Na rolda tamén estará Pablo Castiñeira, da asociación Vella Escola.

11.30 h
Na Sala Capitol, a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do Focus Galicia, programa complementario ao Womex 2016.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o programa das Xornadas de Música Contemporánea. Na rolda participan tamén Santiago Olmo, director do CGAC; Mª Dolores Álvarez, vicerreitora de Cultura da USC; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación de A Coruña; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Antonio Moral, director do Centro Nacional de Difusión Musical.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico e Comercio, Marta Lois, para presentar as bases das axudas para reforma de locais de negocio, implantación de TIC e innovacións no sector comercial.

13.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, recibe os participantes na marcha 1.000 km contra o cancro, encabezada polo corredor Juan Pedro Orellana, que partiu de Xerez o pasado 1 de setembro.

19.15 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os membros da Asociation of European Migration Institutions que participan na 26th AEMI CONFERENCE European migrant diasporas and cultural identities no Consello da Cultura Galega.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao concerto de órgano de Riyehee Hong con motivo da reunión da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas.

20.15 h
No CSCXM do Ensanche, asemblea aberta dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Asiste a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas.

Festival Internacional de Títeres, Galicreques
11:00 h / Santa Marta / El ojo títeres (Arxentina-Uruguai): «Cineamano»
11:30 h / Teatro Principal / Teatro Arbolé (Aragón): «Don Quijote por la Mancha de Aragón»
18:30 h / Teatro Principal / Teatro Arbolé (Aragón): «Don Quijote…»
Toda a información: www.galicreques.com

Compartir: